Vías de comunicación

15 05 2008

A rede viaria de Vilalba artéllase ao redor da capital do municipio. Daquí parte a N-634 cara ao nordeste, enlace coa A-6 e coa N-VI. A través deste último ramal pódese acceder ó servizo ferroviario Madrid- A Coruña. Tamén está cnectada coa rede autonómica LU-120 Vilalba-Meira e AC-861Vilalba-Ferrol.





IES Basanta Silva

15 05 2008

Este centra leva corenta anos de funcionamento. Está situado na cidade cultural Manuel Fraga.

 É un edificio moi complexo, con   varios edificios como mostra o plano.





Industrias de Vilalba

7 05 2008





Industrias alimentarias

24 04 2008

As principais industrias dependen do sector primario, estas son a leiteira Lactalis, a do queixo de San Simón da Costa, a de embutidos e xamóns. destaca tamén a produción de pataca.

 





Evolución demográfica

24 04 2008

O comportamento da poboación de Vilalba ao longo do século XX foi a típica dun concello do interior, con unha características de economía agraria, na primeira etapa do século a tendencia foi alcista para seguir na segunda metade  unha tendencia á baixa debido á emigración, que xa empezara nas dúas primeiras décadas da centuria (emigración transoceánica); estes fluxos migratorios interrómpense durante a guerra civil e a segunda guerra mundial. 

A pirámide de poboación de Vilalba caracterízase polo seu envellentamento, xa que a poboación de máis de 64 anos aventaxa á do grupo de menores de 16 anos.

Esta poboación carcterízase pola súa dispersión en 30 parroquias, concentrándose a maioría da poboación na capitalidade do concello. 





Xeografía de Vilalba

24 04 2008

Vilalba e a súa comarca caracterízase polo seu relevo cha, con orixe nunha depresión de orixe terciaria de material de xistos, cunha elevación variable de entre 400 e 500 metros, surcada por numerosos ríos, e só interrompida polas serras setentrionais. A súa composición edafolóxica predominan as terras pardas.

O seu clima enmárcase no dominio oceánico con trazos de continentalidade. A súa temperatura media anual é de 11º-12º, sendo o mes máis frío o de xaneiro. A pluviosidade é moderada concentrada entre outubro e marzo, no outono e no inverno as xeadas e sobre todo as néboas soen ser persistentes.

Os ríos que atravesas vilalba son afluentes do Miño e do Eume: Támoga, Mouro, Santa Baia, Ladra, Trimaz, Fabilas, Madalena.

Caracterízase a súa vexetación polo bosque atlántico de carballos e bidueiras. No monte baixo atópase a landa atlántica de toxo, breixo, xesta e fento, prados e pastos.





17 04 2008




17 04 2008





A comarca da Terra Chá

17 04 2008

Vilalba é a capital da comarca da Terra Chá, que é a máis extensa de Galiza.  Esta comarca está formada por: Muras, Xermade, Vilalba, Abadín, A Pastoriza, Guitiriz, Begonte, Cospeito e Castro de Rei.





Uffffff!

9 04 2008

non consigo facer o que quero, xa non podo máis!, Quen me axuda?